Recuperar en Marea. Reactivar os consensos constituíntes da Asemblea de Vigo. Facer que medre a marea da rebeldía

Mañá, sábado 15 de xullo, En Marea celebrará un Plenario decisivo que decidirá o futuro da ferramenta constituída na Asemblea de Vigo do 30 de xullo de 2016. Dende o noso espazo, nacido da maioría da candidatura Máis Alá, queremos achegar unha valoración crítica sobre a situación de En Marea.

En Marea naceu como un espazo de impugnación ás lóxicas de representación, coa ollada posta nun proceso de suma de mareas municipalistas operando nunha clave constituínte, nun momento no que a correlación de forzas co Réxime podía mudar en beneficio das maiorías sociais agredidas pola crise e as políticas de austeridade. Non naceu como unha proposta de concertación, de pacto, coas vellas estruturas, naceu para ser un instrumento de construción de alternativas políticas e sociais de cambio e ruptura ao servizo dos e das cidadás. No debate do Plenario contrastaranse esa posición cos pasos dados pola actual coordinadora de En Marea, afastados dos consensos fundacionais da Asemblea de Vigo.

Recuperar En Marea considera que non se pode furtar aos inscritos e as inscritas a posibilidade dese debate. Un debate necesario. En En Marea existen militantes de partidos  que veñen de anunciar súa non participación no Plenario, unha posición que nós non compartimos, pero que, lamentablemente, demostra a incapacidade da actual dirección de En Marea para tecer complicidades e garantir a unidade na diversidade do noso espazo de confluencia política.

O noso compromiso segue a ser a construción dun novo suxeito político politicamente plural, construído desde o diálogo e a procura de posicións comúns segundo o acordado na nosa Asemblea Constituínte. Non aceptamos nin activa nin pasivamente un retorno á lóxica da coalición, nin a redución de En Marea a un espazo ideoloxicamente monolítico, xerárquico e limitado a unha única expresión e representación pública. Non hai lugar para transacionar un modelo que negue En Marea como un espazo de autoorganización cidadá en favor da ruptura política e a democracia radical.

Apostamos pola rebeldía

Apostamos pola participación, polo compromiso político activo, pola rebeldía. Entendemos como un problema maior de En Marea o baleiramento da participación, a redución do espazo a un censo de pouco máis de 2.000 persoas, a aceptación resignada da delegación e a redución dos máis a representación a través dunha minoría.

Para ser uns instrumento político de utilidade para as cidadás e cidadáns precisamos ser un dinamizador de activismo, de compromiso, de solidariedade recíproca. Necesitamos desactivar a construción pasiva de En Marea como un partido convencional, acomodado aos formatos que os medios e o bipartidismo dá por válidos.

É preciso reactivar o proceso de construción de En Marea desde os postulados fundacionais de Vigo a como partido movemento, plural, radicalmente democrático, horizontal, paritario, igualitario. Este proxecto convocounos o 30 de xullo de 2016. Este proxecto convócanos o 15 de xullo para que de novo medre a marea de rebeldía en Galiza.

recuperarEM

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s