Recuperar en Marea. Reactivar os consensos constituíntes da Asemblea de Vigo. Facer que medre a marea da rebeldía

Mañá, sábado 15 de xullo, En Marea celebrará un Plenario decisivo que decidirá o futuro da ferramenta constituída na Asemblea de Vigo do 30 de xullo de 2016. Dende o noso espazo, nacido da maioría da candidatura Máis Alá, queremos achegar unha valoración crítica sobre a situación de En Marea.

Seguir lendo “Recuperar en Marea. Reactivar os consensos constituíntes da Asemblea de Vigo. Facer que medre a marea da rebeldía”

Advertisements

Un desbordamento democrático para recuperar En Marea

Desbordar. Unha palabra que caracterizou os movementos políticos e sociais do último ciclo, desde o 15-M até o xurdimento de En Marea. O desbordamento dos marcos establecidos, das pautas herdadas, mentais e orgánicas, que aprisionaban a potencia da indignación colectiva. Houbo que repensar tácticas e estratexia; o 15-M lanzou preguntas como retos, cuestionou camiños que parecían seguirse máis por inercia que por convicción. Afectadas por esa incerteza, aínda temos máis preguntas que respostas, máis dúbidas que certezas, pero conservamos os novos sucos que abriron esas dúbidas, como cicatrices que cómpre manter abertas. Unhas cicatrices inflixidas nun réxime aínda firme, mais marcado por esa inestabilidade que non acaba de pecharse, que non pode pechar en falso e contra nós, a maioría social agredida. Chegou o momento de decidirmos se estar a favor dunha rexeneración e, por tanto, se deixamos que esas cicatrices, esas fendas, pechen en falso, ou se cómpre facer por agrandalas cunha decisión por crebar de base este réxime. É dicir, imponse resolver a dicotomía: ou seguimos desbordando ou permitimos o dique que conteña a marea. Seguir lendo “Un desbordamento democrático para recuperar En Marea”